quarta-feira, 4 de fevereiro de 2009

Bases para a participación na 3ª Mostra de Teatro non profesional do Miño

1ª
A Mostra de Teatro do Miño é organizada pola Asociación Cultural Feixó de Araúxo.

2ª
A Mostra celebrarase nas vilas de Goián e A Guarda os días 24, 25 e 26 de abril de 2009.

3ª
Poderá presentarse a esta convocatoria calquera grupo de teatro non profesional (escolar e afeccionado) con obras en lingua galega ou portuguesa.

4ª
Para participar deberán enviar, antes do 21 de marzo do 2009 a seguinte información:
-Datos do grupo (nome, enderezo, teléfono de contacto,e-mail).
-Título da obra, autor e sinopse da mesma.
-Condicións técnicas necesarias para a representación.
-6 copias gravadas en DVD da obra completa que se presenta á Mostra.

5ª
Os grupos poden presentar máis dunha obra pero só poderá ser seleccionada unha por cada grupo.

6ª
Esta documentación deberán remitila ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Feixó de Araúxo
Mostra de Teatro do Miño
Paseo de Portugal, 21
36780 A GUARDA
GALIZA

7ª
O xurado encargado de valorar os traballos presentados estará constituído por:
- A Presidenta da Asociación Cultural Feixó de Araúxo ou a persoa en quen delegue.
-Profesionais do teatro galego e portugués.
-Unha persoa designada polas institucións patrocinadoras.

8ª
De todas as obras que se presenten, o xurado escollerá seis, que serán as que participen na Mostra. Esta decisión comunicaráselle unicamente aos grupos seleccionados antes do día 14 de abril.

9ª
A cada un dos grupos seleccionados para participar outorgaráselle unha subvención de 700€ e un galardón conmemorativo da Mostra.

10ª
Destes grupos, aquel que obteña mellor valoración do público asistente obterá un premio especial do público de 1000€.

11ª
A organización desta Mostra resolverá calquera circunstancia que non estea prevista nestas bases.


12ª
O feito de participar nesta Mostra, implica a aceptación de todas e cada unha das bases.

Sem comentários: