As persoas que se ocupan da organización do maior evento teatral na nosa comarca xa levan acumuladas moitas horas de traballo. Na vindeira primavera celebrarase a Segunda Mostra de Teatro non Profesional do Miño Gabriel Feixó Araúxo, que troca de nome, pois, desta vez as vilas organizadoras non son só A Guarda e Goián, que o ano pasado iniciaron esta andadura, senón que agora súmanse tamén Vila Nova de Cerveira e Caminha. É por iso que a denominación que facía referencia aoterritorio baixomiñoto é subsitituido polo MIÑO concepto amplo e símbolo de unión e de rompimento dunha fronteira que desde o punto de vista cultural non ten ningún sentido. Outra novidade salientabel este ano é a programación dun conxunto de actividades de caracter formativo que se desenvolerán de maneira parela a Mostra de Teatro. Serán cursos, obradoiros e charlas que se irán realizando desde agora e ao lontgo de todos os meses previos a Mostra, e que terán como finalidade achegar os mozos e mozas interesados aos mais diversos ámbito do mundo do Tetaro (interpretación, maquillaxe, clown, etc). A organización aposta de maneira decidida pola formación e divulgación entre a xente nova como a mellor maneira de crear unhas bases para que no futuro a actividade tetral teña maior e mellor presenza na nosa sociedade.
Crece, pois, a Mostra, que se converte nun escaparparate para o teatro non profesional de toda Galiza e Portugal.
Sem comentários:
Enviar um comentário