Mostrar mensagens com a etiqueta teatro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta teatro. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 12 de abril de 2010

Presentación da IVª MOSTRA DE TEATRO DO MIÑO

Un ano máis a comarca do Baixo Miño volverá a ser punto de referencia para todos os amantes do teatro afeccionado. Como ven acontecendo nas catro últimas primaveras, a Asociación Cultural Feixó de Araúxo organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Mostra de Teatro non profesional do Miño, na que se dan cita compañías teatrais chegadas de todos os puntos de Galicia e Portugal.


Nesta cuarta edición vólvese a poñer de manifesto a excelente saúde e dinamismo do que goza o teatro amador en ambas beiras do Miño como demostra o feito de que se presentasen a concurso un total de 36 obras (26 galegas e 10 portuguesas). De entre todas elas, o xurado da Mostra seleccionará seis pezas que serán exibidas ao longo dos días 23, 24 e 25 de abril.





Unha importante novidade fará que a partir deste ano a Mostra adquira unha maior dimensión e presenza na bisbarra baixomiñota: o Concello do Rosal, sumarase ao da Guarda e Tomiño na organización e acollida deste evento teatral. Deste xeito, a Mostra de Teatro irase desenvolver conxuntamente nas vilas da Guarda, O Rosal e Goián (Tomiño) sendo representadas dúas obras en cada unha delas.


Tendo en conta todas estas características, a Mostra de Teatro do Miño convertiuse nun dos poucos eventos culturais de toda Galicia, que teñen a peculiaridade de organizarse ao mesmo tempo en 3 municipios diferentes, sendo un bo exemplo de colaboración entre diferentes institucións públicas.

quinta-feira, 16 de abril de 2009

CONVERSAS NA CUNETA MENTRES A VIDA PASA ALÁ FÓRA



GRUPO

O TRASNO. Novo Teatro

SINOPSE

Encontro de tres mulleres da mesma vila pero de moi distinta condición unidas na fuxida e distanciadas no seu comportamento ante a vida e o momento histórico que lles toca vivir.

A obra é unha homenaxe ás mulleres asasinadas na guerra e na posguerra, case sempre anónimas e esquecidas. Tamén é unha chamada á reflexión sobre temas que seguen a ser de actualidade: a subxectividade da información, a hipocrisía da sociedade, as relacións de parella, o terrorismo, os abusos do poder e outros.

domingo, 20 de abril de 2008

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DA II MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MINHO

Estes son as datas, horarios e lugares das distintas actividades e representacións que terán lugar ao longo da II Mostra de Teatro:

-24 de abril, ás 20:00 hs, no Centro Goianés (Goián): sesión de Pertura da II Mostra de Teatro Amador do Miño.


-25 de abril, ás 20:30 hs, no Centro Goianés (Goián): representación de “Frei Joao sem cuidados” da Junta da freguesia de Lanhelas (Caminha).


-25 de abril, ás 21:30 hs (horario portugués), na Casa da Misericordia (Caminha): representación de “Antídoto” de Teatro em Construçao (V.N. de Famalicao).


-26 de abril, ás 20:30 hs, no IES A Sangriña (A Guarda): representación de “Cinco mulleres para cinco vestidos” de Nova Escena (Lugo)-


-26 de abril, ás 22:30 hs, no Centro Goianés (Goián): representación de “O libro de ler e desler” de Achádego Teatro (Lugo).


-27 de abril, ás 18:00 hs, no IES A Sangriña (A Guarda): representación de “Mort” de Teatro Tarumba (Ourense).


-27 de abril, ás 19:00 hs (horario portugués), na Casa da Misericordia (Caminha): representación de “O Lago dos Cisnes” de Xeriatrium (A Guarda).


-27 de abril, a partir das 21:00 hs (horario portugués), na Casa da Misericordia: sesion de clausura e entrega do “premio do publico”.

sábado, 8 de dezembro de 2007

II Mostra de Teatro non Profesional do Miño

As persoas que se ocupan da organización do maior evento teatral na nosa comarca xa levan acumuladas moitas horas de traballo. Na vindeira primavera celebrarase a Segunda Mostra de Teatro non Profesional do Miño Gabriel Feixó Araúxo, que troca de nome, pois, desta vez as vilas organizadoras non son só A Guarda e Goián, que o ano pasado iniciaron esta andadura, senón que agora súmanse tamén Vila Nova de Cerveira e Caminha. É por iso que a denominación que facía referencia aoterritorio baixomiñoto é subsitituido polo MIÑO concepto amplo e símbolo de unión e de rompimento dunha fronteira que desde o punto de vista cultural non ten ningún sentido.

Outra novidade salientabel este ano é a programación dun conxunto de actividades de caracter formativo que se desenvolerán de maneira parela a Mostra de Teatro. Serán cursos, obradoiros e charlas que se irán realizando desde agora e ao lontgo de todos os meses previos a Mostra, e que terán como finalidade achegar os mozos e mozas interesados aos mais diversos ámbito do mundo do Tetaro (interpretación, maquillaxe, clown, etc). A organización aposta de maneira decidida pola formación e divulgación entre a xente nova como a mellor maneira de crear unhas bases para que no futuro a actividade tetral teña maior e mellor presenza na nosa sociedade.


Crece, pois, a Mostra, que se converte nun escaparparate para o teatro non profesional de toda Galiza e Portugal.