sábado, 8 de dezembro de 2007

II Mostra de Teatro non Profesional do Miño

As persoas que se ocupan da organización do maior evento teatral na nosa comarca xa levan acumuladas moitas horas de traballo. Na vindeira primavera celebrarase a Segunda Mostra de Teatro non Profesional do Miño Gabriel Feixó Araúxo, que troca de nome, pois, desta vez as vilas organizadoras non son só A Guarda e Goián, que o ano pasado iniciaron esta andadura, senón que agora súmanse tamén Vila Nova de Cerveira e Caminha. É por iso que a denominación que facía referencia aoterritorio baixomiñoto é subsitituido polo MIÑO concepto amplo e símbolo de unión e de rompimento dunha fronteira que desde o punto de vista cultural non ten ningún sentido.

Outra novidade salientabel este ano é a programación dun conxunto de actividades de caracter formativo que se desenvolerán de maneira parela a Mostra de Teatro. Serán cursos, obradoiros e charlas que se irán realizando desde agora e ao lontgo de todos os meses previos a Mostra, e que terán como finalidade achegar os mozos e mozas interesados aos mais diversos ámbito do mundo do Tetaro (interpretación, maquillaxe, clown, etc). A organización aposta de maneira decidida pola formación e divulgación entre a xente nova como a mellor maneira de crear unhas bases para que no futuro a actividade tetral teña maior e mellor presenza na nosa sociedade.


Crece, pois, a Mostra, que se converte nun escaparparate para o teatro non profesional de toda Galiza e Portugal.

Sem comentários: