Nesta cuarta edición vólvese a poñer de manifesto a excelente saúde e dinamismo do que goza o teatro amador en ambas beiras do Miño como demostra o feito de que se presentasen a concurso un total de 36 obras (26 galegas e 10 portuguesas). De entre todas elas, o xurado da Mostra seleccionará seis pezas que serán exibidas ao longo dos días 23, 24 e 25 de abril.

Unha importante novidade fará que a partir deste ano a Mostra adquira unha maior dimensión e presenza na bisbarra baixomiñota: o Concello do Rosal, sumarase ao da Guarda e Tomiño na organización e acollida deste evento teatral. Deste xeito, a Mostra de Teatro irase desenvolver conxuntamente nas vilas da Guarda, O Rosal e Goián (Tomiño) sendo representadas dúas obras en cada unha delas.
Tendo en conta todas estas características, a Mostra de Teatro do Miño convertiuse nun dos poucos eventos culturais de toda Galicia, que teñen a peculiaridade de organizarse ao mesmo tempo en 3 municipios diferentes, sendo un bo exemplo de colaboración entre diferentes institucións públicas.
Sem comentários:
Enviar um comentário