Mostrar mensagens com a etiqueta centro goianés. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta centro goianés. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 12 de abril de 2010

Presentación da IVª MOSTRA DE TEATRO DO MIÑO

Un ano máis a comarca do Baixo Miño volverá a ser punto de referencia para todos os amantes do teatro afeccionado. Como ven acontecendo nas catro últimas primaveras, a Asociación Cultural Feixó de Araúxo organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Mostra de Teatro non profesional do Miño, na que se dan cita compañías teatrais chegadas de todos os puntos de Galicia e Portugal.


Nesta cuarta edición vólvese a poñer de manifesto a excelente saúde e dinamismo do que goza o teatro amador en ambas beiras do Miño como demostra o feito de que se presentasen a concurso un total de 36 obras (26 galegas e 10 portuguesas). De entre todas elas, o xurado da Mostra seleccionará seis pezas que serán exibidas ao longo dos días 23, 24 e 25 de abril.





Unha importante novidade fará que a partir deste ano a Mostra adquira unha maior dimensión e presenza na bisbarra baixomiñota: o Concello do Rosal, sumarase ao da Guarda e Tomiño na organización e acollida deste evento teatral. Deste xeito, a Mostra de Teatro irase desenvolver conxuntamente nas vilas da Guarda, O Rosal e Goián (Tomiño) sendo representadas dúas obras en cada unha delas.


Tendo en conta todas estas características, a Mostra de Teatro do Miño convertiuse nun dos poucos eventos culturais de toda Galicia, que teñen a peculiaridade de organizarse ao mesmo tempo en 3 municipios diferentes, sendo un bo exemplo de colaboración entre diferentes institucións públicas.

sábado, 8 de dezembro de 2007

Charla sobre Teatro no Centro Goianés



O pasado martes, día 4 de decembro tivo lugar no Centro Goainés un obradoiro de teatro impartido polo actor e director teatral portugués Mário Moutinho, director artístico do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI) celebrado no Porto.

Esta charla, patrocinada pelo Instituto Português da Juventude (IPJ) forma parte dun conxunto de actividades de carácter formativo desenvolvidas de maneira paralela á II Mostra de Tatro non Profesional do Miño que se cebrará na vindeira primavera. Dentro desta mesma programación xa foi celebrado durante os días 24 e 25 de novembro no IES da Sangriña un curso de Clown impartido polo actor Francisco Rei.


Mário Moutinho conversou cos escolares participantes, pertencentes ao CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal e ao IES da Sangriña da Guarda, compartindo con eles as súas experiencias no ámbito teatral ben como actor, como director ou como organizador dun importante evento teatral como é o FITEI. Os alumnos tiveron oportunidade de facer calquera tipo de pregunta a este profesional, de quen tamén irían recibir importantes consellos e ánimos para continuaren adiante no apaixonante mundo do Teatro.