Mostrar mensagens com a etiqueta minho. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta minho. Mostrar todas as mensagens

sábado, 8 de dezembro de 2007

Charla sobre Teatro no Centro Goianés



O pasado martes, día 4 de decembro tivo lugar no Centro Goainés un obradoiro de teatro impartido polo actor e director teatral portugués Mário Moutinho, director artístico do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI) celebrado no Porto.

Esta charla, patrocinada pelo Instituto Português da Juventude (IPJ) forma parte dun conxunto de actividades de carácter formativo desenvolvidas de maneira paralela á II Mostra de Tatro non Profesional do Miño que se cebrará na vindeira primavera. Dentro desta mesma programación xa foi celebrado durante os días 24 e 25 de novembro no IES da Sangriña un curso de Clown impartido polo actor Francisco Rei.


Mário Moutinho conversou cos escolares participantes, pertencentes ao CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal e ao IES da Sangriña da Guarda, compartindo con eles as súas experiencias no ámbito teatral ben como actor, como director ou como organizador dun importante evento teatral como é o FITEI. Os alumnos tiveron oportunidade de facer calquera tipo de pregunta a este profesional, de quen tamén irían recibir importantes consellos e ánimos para continuaren adiante no apaixonante mundo do Teatro.

Curso de CLOWN no IES da Sangriña

Durante os días 24 e 25 de novembro, celebrouse, no IES A Sangriña, un curso de Clown impartido por Francisco Rei, actor profesional da compañía Os Sete Magníficos máis Un e membro de Culturactiva, empresa pioneira na animación cultural cuxo prestixio é recoñecido a nivel mundial, por ser quen se ocupa da organización do Festiclown en Santiago de Compostela.


Neste obradoiro participaron alunos do propio IES da Sangriña e do CPI Manuel Suárez Marquier, e serviu para preparar un espectáculo de rúa que percorrerá as rúas das localidades que acollerán a II Mostra de Teatro Non Profesional do Miño "Gabriel Feixó Araúxo", que este ano serán as portuguesas de Caminha e Vila Nova de Cerveira, e as galegas de Tomiño e A Guarda.
Ver reportaxe fotografica.