quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

A IIIª Mostra de Teatro do Miño no Encontro-Mostra Asociativa Galiza-Portugal




Os días 6, 7 e 8 de febreiro Carlos Fernández López e Sara Pérez Martínez, alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Sangriña participaron no III Encontro-Mostra Asociativa Xuvenil (EMAX) de Galiza e Norte de Portugal, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia e celebrado no pavillón Multiúsos Fontes do Sar en Santiago.

A eles uniuse Edna Patricia Moreira Martins, que foi alumna do noso instituto e agora xa está na universidade de Compostela.Os mozos, coñecidos artistas do Teatro do Falabarato, no seu stand presentaron para a mocidade galega e portuguesa a 3ª Mostra de Teatro do Miño, que se celebrará na Guarda e en Goián os días 23, 24, 25 e 26 de abril e na que participarán unha vez máis grupos de teatro afeccionado de toda Galiza e Portugal.












Sara e Carlos montando o stand da Mostra de Teatro non profesional do Miño nas instalacións do Multiusos do Sar.





Carlos e Sara




Edna facendo amigos....



Carlos no stand da Mostra de Teatro do Miño




Edna no stand da Mostra de Teatro Amador do Miño


Os alumnos guardeses participando en dinamicas de grupo xunto con outros mozos e mozas de Galiza e Portugal.

Edna sendo maquillada por outros xoves participantes na EMAX


Isto si que é compañeirismo...

quarta-feira, 4 de fevereiro de 2009

Regulamento para a participação na 3ª Mostra de Teatro Amador do Minho


Clicar na imagem para visualizar com maior definição.

Bases para a participación na 3ª Mostra de Teatro non profesional do Miño


A Mostra de Teatro do Miño é organizada pola Asociación Cultural Feixó de Araúxo.


A Mostra celebrarase nas vilas de Goián e A Guarda os días 24, 25 e 26 de abril de 2009.


Poderá presentarse a esta convocatoria calquera grupo de teatro non profesional (escolar e afeccionado) con obras en lingua galega ou portuguesa.


Para participar deberán enviar, antes do 21 de marzo do 2009 a seguinte información:
-Datos do grupo (nome, enderezo, teléfono de contacto,e-mail).
-Título da obra, autor e sinopse da mesma.
-Condicións técnicas necesarias para a representación.
-6 copias gravadas en DVD da obra completa que se presenta á Mostra.


Os grupos poden presentar máis dunha obra pero só poderá ser seleccionada unha por cada grupo.


Esta documentación deberán remitila ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Feixó de Araúxo
Mostra de Teatro do Miño
Paseo de Portugal, 21
36780 A GUARDA
GALIZA


O xurado encargado de valorar os traballos presentados estará constituído por:
- A Presidenta da Asociación Cultural Feixó de Araúxo ou a persoa en quen delegue.
-Profesionais do teatro galego e portugués.
-Unha persoa designada polas institucións patrocinadoras.


De todas as obras que se presenten, o xurado escollerá seis, que serán as que participen na Mostra. Esta decisión comunicaráselle unicamente aos grupos seleccionados antes do día 14 de abril.


A cada un dos grupos seleccionados para participar outorgaráselle unha subvención de 700€ e un galardón conmemorativo da Mostra.

10ª
Destes grupos, aquel que obteña mellor valoración do público asistente obterá un premio especial do público de 1000€.

11ª
A organización desta Mostra resolverá calquera circunstancia que non estea prevista nestas bases.


12ª
O feito de participar nesta Mostra, implica a aceptación de todas e cada unha das bases.

terça-feira, 27 de janeiro de 2009

Preséntase a IIIª Mostra de Teatro non profesional do Miño


A Mostra de Tatro non profesional do Miño, comeza a súa terceira andaina...

A Asociación Cultural "Feixó de Arauxo", responsabel pola organización de este evento, xa está mans á obra, traballando para levar a bo termo un ano mais este ilusionante proxecto que pouco a pouco estase convertindo en referencia da primavera cultural baixomiñota.

Este ano de 2009 a Mostra celebrarase nas vilas da Guarda e Goián e continuará mantendo o rumbo transfronteirizo que asumiu con convicción o ano pasado. Nesta festa do teatro participarán, polo tanto, compañias non profesionais chegadas de calquera punto de Galiza e de Portugal.

A Mostra continua co seu formato de tres dias, ao longo dos cales se representarán as 6 obras escollidas polo xurado. As datas de celebración desta 3ª Mostra serán o 24, 25 e 26 de abril.

Moi en breve serán divulgadas as bases do concurso da Mostra polas que se terán que rexir todas as compañias participantes.



domingo, 20 de abril de 2008

CARTEL DA II MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MINHO - 2008


CALENDARIO DE ACTIVIDADES DA II MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MINHO

Estes son as datas, horarios e lugares das distintas actividades e representacións que terán lugar ao longo da II Mostra de Teatro:

-24 de abril, ás 20:00 hs, no Centro Goianés (Goián): sesión de Pertura da II Mostra de Teatro Amador do Miño.


-25 de abril, ás 20:30 hs, no Centro Goianés (Goián): representación de “Frei Joao sem cuidados” da Junta da freguesia de Lanhelas (Caminha).


-25 de abril, ás 21:30 hs (horario portugués), na Casa da Misericordia (Caminha): representación de “Antídoto” de Teatro em Construçao (V.N. de Famalicao).


-26 de abril, ás 20:30 hs, no IES A Sangriña (A Guarda): representación de “Cinco mulleres para cinco vestidos” de Nova Escena (Lugo)-


-26 de abril, ás 22:30 hs, no Centro Goianés (Goián): representación de “O libro de ler e desler” de Achádego Teatro (Lugo).


-27 de abril, ás 18:00 hs, no IES A Sangriña (A Guarda): representación de “Mort” de Teatro Tarumba (Ourense).


-27 de abril, ás 19:00 hs (horario portugués), na Casa da Misericordia (Caminha): representación de “O Lago dos Cisnes” de Xeriatrium (A Guarda).


-27 de abril, a partir das 21:00 hs (horario portugués), na Casa da Misericordia: sesion de clausura e entrega do “premio do publico”.

sábado, 19 de abril de 2008

COMPAÑÍAS SELECCIONADAS PARA A II MOSTRA DE TEATRO AMADOR DO MIÑO

O pasado venres, dia 12 de abril, fíxose pública a decisión do xuri da Mostra de Teatro do Miño que tivo como resultado a seleccion das seguintes 6 pezas teatrais escollidas entre aproximadamente 40 obras galegas e portuguesas:


- O lago dos cines - Xeriatrium (A Guarda)
- Mort - Teatro Tarumba (Ourense)
- Antídoto –Teatro Construçao (V.N. Famalicao)
- O libro de ler e desler – Achádego Teatro (Lugo)
- Frei Joao sem cuidados – Junta da Freguesia de Lanhelas (Caminha)
- Cinco mulleres para cinco vestidos – Nova Escena (Lugo)


Cada unha destas compañias seleccionadas recebirá um premio de 700€, concorrendo tamén ao premio especial do público dotado cunha contia de 1000€.